miércoles, 19 de enero de 2011

CONTO CHECO sobre a PAZ

Nun pequeno pobo, unha muller levou unha gran sorpresa ao ver que chamar á súa porta un estraño, correctamente vestido, que lle pedía algo para comer.

· Síntoo, dixo ela, pero agora mesmo non teño nada en casa.

· Non se preocupe, dixo amablemente o estraño. Teño unha pedra de sopa na miña carteira; se vostede me permitise botala nunha pota de auga fervendo, eu faría a máis exquisita sopa do mundo. Un puchero moi grande, por favor.

Á muller picoulle a curiosidade, puxo a pota ao lume e foi a contar o segredo da pedra de sopa ás súas veciñas. Cando a auga rompeu a ferver, toda a veciñanza reuniuse alí para ver a aquel estraño e a súa pedra de sopa.

O estraño deixou caer a pedra na auga, logo probou unha culleiradiña con verdadeira delectación e exclamou:

· Deliciosa! O único que necesita é unhas poucas patacas.?

· Eu teño patacas na miña cociña!, gritou unha muller. E en poucos minutos estaba de volta cun cesto de patacas peladas que foron dereitas á pota.

O estraño volveu probar o brebaxe.

· Excelente!, dixo; e engadiu pensativamente:

· Se tivésemos un pouco de carne, fariamos un cocido en sumo grao apetitoso....

Outra ama de casa saíu zumbando e regresou cun pedazo de carne que o estraño, tras aceptalo cortesmente, introduciu na pota.

Cando volveu probar o caldo, puxo os ollos en branco e dixo:

· Ah, que saboroso! Se tivésemos unhas cantas verduras, sería perfecto, absolutamente perfecto...

Unha das veciñas foi correndo ata a súa casa e volveu cunha cesta chea de cebolas, xudía, chícharos e cenoias.
Logo de introducir as verduras na pota, o estraño probou novamente o guiso e, con ton autoritario, dixo

· O sal!

· Aquí ten, díxolle a dona da casa.

A continuación deu orde:

· Pratos para todo o mundo.

A xente apresurouse a ir ás súas casas en busca de pratos. Algúns regresaron traendo ata pan e froitas. Logo sentaron a gozar da espléndida comida, mentres o estraño repartía abundantes racións da súa incrible sopa.

Todos sse entían estrañamente felices e mentres rían, charlaban e compartían por primeira vez a súa comida. No medio do alborozo, o estraño se escapuliuse silenciosamente, deixando tras de si a milagrosa pedra de sopa, que eles poderían usar sempre que quixesen facer, para compartir, a máis deliciosa sopa do mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario