domingo, 19 de diciembre de 2010

CONTO DO MAGREB

A PEREGRINACIÓN DO LEÓN
Esta é a historia dun Lobo que se achegou ao León e díxolle:
- León.
-Si?
-Imos a peregrinar.
-Pero... meu fillo, onde imos de peregrinación?
-Voute levar comigo a un camiño no bosque e vas peregrinar.
-De acordo, entón, imos!
No camiño o Lobo conduciu ao León a unha rocha furada, que tiña un grande oco.
O Lobo meteuse neste oco e cando saíu polo outro lado dixo:
-Ven, León, se non cometiches pecado algún, serás purificado e saíras con toda facilidade.
Entón dirixiuse o León con moito coidado cara ao oco e o Lobo animouno: --Entra, León, entra! Veña, non sexa medicas, entra xa ou es un pecadento e por iso tes medo?
E o León foi entrando ata que a súa cabeza e as súas coxas podíanse ver dende a parte de atrás da rocha. Pero quedou encaixado e non podía moverse máis.
O Lobo entón díxolle rindo:
-León, Xa fixeches a peregrinación? Queda aí!
E cortoulle un anaco de carne da coxa traseira e comeuna. Logo, lambendo o fociño, púxose diante do León e díxolle:
- León, boa noite! Eu vólvome a casa
Pero cando se deu a volta o León estirou as súas patas dianteiras e cortou o rabo ao Lobo. Dixo:
-Vaite, Lobo vaite ¡Agora estás marcado!
No camiño de volta comezou a fluír o medo no interior do Lobo e dixo:
-Que fago agora? O León adelgazará e escapará e comerame!
Foi tanto o seu temor, que logo duns días o Lobo traidor morreu de medo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario